Entrevista a Álvaro Fernández Fiuza

fiuzaO palista pontevedrés Álvaro Fernández Fiuza, o pasado fin de semana en Oklahoma, revalidou o subcampionato en K2 co seu compañeiro Walter Bouzán na modalidade de maratón.

A Contra Vento: Bos días Álvaro, moitas gracias por concederlle esta entrevista a A ContraVento.

Álvaro Fiuza: Non hai de que, é un pracer.

ACV: Para comezar, analízanos un pouco como foi a vosa carreira, ¿cal foi a estratexía para volver a repetir este subcampionato? ¿É importante a compenetración co outro K2 español ó longo da carreira?

A.F: Pois a estratexía era para gañar, pero non se puido. Cambiamos con respecto a outras probas: Entramos a beber nos porteos so unha vez, xa que se perdía tempo para entrar a beber. Polo que tomamos esta arriscada opción. E intentamos deixar tódalas forzas posibles para o sprint final, pero non foron suficientes para lograr a victoria.
Con respecto a relación coa outra k2, é moi boa, pero os dous queremos gañar. Polo que na auga o único que temos é un pacto de non agresión e respeto mutuo.

ACV: Os teus seguidores vimos a vosa carreira por internet, na chegada entráchedes tres k2 en menos de un segundo, parecía que fóse un 1000 metros. Con esta situación, un non pode tranquilizarse nos últimos metros. ¿Non crees?

A.F: Para nada, tes tóda a razón. Nos preparamos a distancia de 1000 metros en moitos dos nosos entrenos, porque sabemos que a victoria vaise decidir en centésimas de segundo. Por eso antes decía, que unha das estratexías era a de gardar forzas para ese final, sabíamos que se iban a decidir os 30 kilómetros nos últimos metros.

ACV: Gustaríanos que nos falaras sobre a financiación para o viaxe a Oklahoma, para axudar a isto, puxeches en marcha unha campaña de crowdfounding na que alcanzaches 1800 euros, ¿estaba esta cifra nas túas expectativas?

A.F: Finalmente a viaxe a pagau a RFEP. Estés gastos non entraban no proxecto, senon este tería que ser duns 2000 euros máis.
Non cumplín o proxecto, pero si que ese diñeiro me axudou, e moito. Con el cubrín gastos tan importantes, como os da gasolina de este verán.

ACV: Dinos por favor, ¿cando comezaras cos entrenamentos?

A.F: Pois comenzó en 7 días desde esta entrevista, exactamente o día 13 de outubro

ACV: ¿Cales son os teus obxetivos para esta nova temporada?

A.F: Pois serán os mesmos: Mundial, Europeo e Sella. Cun cambio non confirmado, xa que estou a buscar financiación. Sería o Mundial de cuadriatlón (nadar, bici, piragua e correr)

ACV: Moitas gracias por concedernos o teu tempo Álvaro, moita sorte nos adestramentos e nas vindeiras competicións.

A.F: Moitas grazas a vos, nos necesitamos destas entrevistas e de que a xente coñezca o noso deporte.