Entrevista a Tono Campos
Onte foi a entrevista a Álvaro Fdez. Fiuza e hoxe ofrecemos outra entrevista, neste caso a Manuel Antonio Campos, que tamén foi medallista no mundial de Oklahoma dúas semanas atrás. Neste mundial, Tono acadou dúas medallas, en primer lugar se proclamou campión do mundo no C1 e acadou a medalla de plata no C2 xunto con Jose Manuel Sánchez.
A Contra Vento: Bos días Tono, encantados de que lle concedas esta entrevista a A Contra Vento.
Tono Campos: É un pracer. Para o noso deporte é necesario darlle a máxima difusión posible.
ACV: Batiches o teu mellor papel nun mundial, que antes había sido o de Roma 2012, repetiches ouro no C1 e no C2 pasaches do bronce conseguido daquela á medalla de prata.
En primer lugar, por favor analizanos a túa carreira no C1 e dinos cales foron as claves polas que conseguiches este ouro mundial.
T.C: Pois foi unha carreira moi estratéxica, xa que desde a primeira volta quedamos solo tres en cabeza, e que xa desde o primer porteo na segunda volta, nos fumos o húngaro e máis eu, logo solo foi colaborar para ver quen chegaba mais forte o final e quen dosificaba mellor o esforzo. Xusto antes do último porteo iba tirando eu cando o húngaro tentou tirar e ahí xa empezou digamos o sprint final, puiden coller uns metros de vantaxe que me deron para chegar a meta.
ACV: No C2 estivechedes a par cos húngaros ata o penúltimo porteo, no que éstes vos descolgaron da cabeza da carreira. Dinos por favor, cales foron os puntos fortes da carreira que vos permitiron acadar este subcampionato e os erros, se os hubera, que vos impediron non acadar o campionato.
T.C: O punto forte é que éramos o barco mais rápido, pero cometemos o erro de dar moitos tiróns e tirar moito nas dúas primeiras voltas da carreira, xa que no tramo final o íamos pagar quedando descolgados no penúltimo porteo.
ACV: ¿Como foi financiada a túa viaxe a Oklahoma?
T.C: A miña viaxe foi financiada completamente pola RFEP.
ACV: ¿Cando tes pronosticado comezar cos adestramentos da pretemporada?
T.C: Aproximadamente a finales deste mes.
ACV: ¿Cales son os teus obxetivos para a temporada 2015?
T.C: O obxetivo é tentar clasificar o C-2 1.000 para os Xogos de Río 2016.
ACV: Moitas gracias polo teu tempo, Tono. Moita sorte nos adestramentos e nas vindeiras competicións.