Aranjuez lidera a 1ª Copa de España de Sprint
O fin de semana disputouse no Pontillón do Castro (Verducido, Pontevedra), a Primeira Copa de España de Sprint, na que se disputaron as carreiras de 500 e 1000 m.

A primeira final da categoría absoluta en disputarse foi o C1 feminino sobre 500 m. no que a ucraniana nas filas do Pinatarense, Viktoria Yarchevska, acadou a victoria a dous segundos de diferencia sobre a segunda, María Corbera, da CEP Aranjuez. A terceira posición foi para María dels Angels Moreno, do Port de Pollença. O K1 feminino tivo como campiona á xoven onubense, Daniela García (Club Tartessos), que con só 20 anos foi a mellor nos 500 por diante da olímpica Carolina García (Fluvial de Lugo) e de Lara Feijóo (Kayak Tudense).
No C1 masculino, a victoria foi para o vilanovés Manuel Fontán (O Muíño de Ribadumia), a 0,23 s. de diferencia sobre o madrileño nas filas do Fluvial de Lugo, Diego Domínguez. A terceira posición foi para Martín Jácome (EP Ciudad de Pontevedra). A vencedor no K1 500 masculino foi o padexeiro do Kayak Tudense, Roi Rodríguez, a tan so 0,13 segundos do cangués Rodrigo Germade (Fluvial de Lugo); Manuel Rivas, tamén do Tudense, foi terceiro.
A tarde do sábado foi destinada ás categorías individuais sobre os 1000 m. No C1 feminino, Ana Cantero (Círculo Mercantil e Industrial de Sevilla) acadou a victoria, a 01,80 de Nerea Novo, do Náutico Pontecesures. A tan só 0.01 s. entrou en meta Valeria Oliveira, do CEP Poio. No K1 feminino, a olímpica emeritense Estefanía Fernández (tamén baixo as cores do Fluvial de Lugo) liderou os 1000 m. cun tempo de 04:00,96, por diante de Laia Pèlachs (Club Natacio Banyoles) e de Yaiza Novo (Club Piragüismo Rías Baixas – Boiro).
A carreira do C1 masculino, o Fluvial de Lugo fixo un triplete, xa que o vencedor foi Jaime Duro, e en segunda e terceira posición, estiveron Andrii Zakharov e Noel Domínguez, todos do Fluvial. O número un no K1 foi o talaverano Paco Cubelos, un ouro máis para o Fluvial. O subcampión foi Roi Rodríguez e o terceiro foi Victor Pizarro (CEP Aranjuez).
A mañá seguinte, a primeira final en disputarse na categoría absoluta foi o C2 feminino, no que as vencedoras foron a pontevedresa Antía Jácome e a sevillana Elena Gómez-Millán (Club Náutico de Sevilla). En segunda posición finalizou a embarcación de María Corbera e Candela Mayoral (CEP Aranjuez) e terceiras foron Valeria Oliveira e Alba María Rodríguez (CEP Poio). As mellores no K2 femnino foron as do equipo de Boiro, Yaiza Novo e Lucia Val. A medalla de prata foi para a dupla dos Delfines de Ceuta, Isa Contreras e Nerea García e o bronce foi gañado por Estefanía Fernández e Carolina García, do Fluvial de Lugo.
Os máis rápidos no C2 1000 foron Manuel Fontán e Adrián Sieiro, do Náutico O Muiño, quenes se impuxeron aos irmáns Dominguez Martín, do Fluvial de Lugo. Os terceiros finalizaron a 00,95 s., dos primeiros, a embarcación do Náutico de Sevilla conformada por Pablo Martínez e Cayetano García. O K2 masculino tivo como vencedores ao K2 de Kike Adán e Adrián del Río (CEP Aranjuez) conseguiron a victoria fronte aos medallistas olímpicos, Carlos Arévalo e Rodrigo Germade (Fluvial de Lugo). Mauro Domínguez e Carlos García (Verducido Pontillón) foron terceiros.
Ao mediodía terían lugar as categorías cuadruplas, o C4 feminino sobre 500 foi a primeira final, na que o equipo de Corbera, Mayoral, Martín e Royo, do CEP Aranjuez, impuxéronse 05,59 s. por diante do equipo do Náutico de Sevilla formado por Jácome, Gómez-Millán, Castaño e Macho. A embarcación do Náutico O Muiño, tripulada por Pérez, Sieiro, Vázquez e Remigio foi terceira. As máis rápidas no K4 feminino foron Fernández, García, Paraja e Tenreiro (Fluvial de Lugo), 00,72 s. por diante do equipo do Tudense formado por Feijóo, Soutelo, Villar e Rodríguez. Polo seu lado, Tirado, Trinidad, Blanco e Figueroa, do Iuxtanam, foron terceiras.
O mellor C4 foi o do Fluvial de Lugo, formado polos irmáns Domínguez Martín, Jaime Duro e Pablo Crespo, que venceu á embarcación do Náutico de Sevilla tripulada por Cayetano García, Ricardo Domínguez, Pablo Martínez e Gonzalo Moreno. Terceiros foron os canoístas das Torres de Catoira, Jairo Zurita, Raúl Fernández, Pedro Torrado e Diego Miguens. O podio do K4 foi realmente axustado, o potente equipo do Fluvial, formado por Carlos Arévalo, Rodrigo Germade, Cristian Toro e Pelayo Roza, finalizou os 500 m. rexistrando 01:26,06. A tan só 00,04 s. de diferencia, entrou a embarcación do Firrete, composta por Óscar Allegue, Antón Cao, Bruno González e Martín López. Finalmente cruzou a liña de meta o K4 de Kike Adán, Adrián del Río, Juan Gómez e Jaime López (CEP Aranjuez), con só 00,48 s. dos vencedores.
A nivel de clubes, os gañadores foron os do Club Escuela de Piragüismo Aranjuez, segundos foron os do Náutico de Sevilla e terceiro foi o Fluvial de Lugo, que ten un equipo moi forte esta temporada.