Cinco medallas na primeira xornada de finais da Copa do Mundo

A xornada de hoxe comezaría coas primeiras finais da Copa do Mundo en Szeged.

A primeira final na que os seareiros tiñamos a mirada era a do K4 500 masculino, na que o K4 do brigantino Carlos Arévalo, acompañado do seu compañeiro olímpico Marcus Cooper e das novas incorporacións Adrián del Río e Alex Graneri, mantiveronse en terceira posición por detrás da embarcación húngara liderada por Mark Opavszki e o equipo alemán encabezada por Max Rendschmidt. Nos últimos metros a outra embarcación húngara adiantou ao equipo nacional, finalizando en cuarta posición por tan só 0.12 s.

A alegría veu coa seguinte carreira, na que o K4 500 encabezado pola asturiana Sara Ouzande, acompañado por Lucía Val, Estefanía Fernández e Bárbara Pardo mantívose en primeira posición dende os 100 m. O equipo proclamouse campión con 0.79 s. da embarcación húngara e 1.13 da embarcación alemana. A seguinte final contaba con dous C2 da selección, a canoa da mallorquina María Moreno e a ucraniana residente en Murcia, Viktoria Yarchevska estiveron en cabeza casi toda a carreira, nos últimos metros foron adiantadas polo C2 húngaro e os últimos 50 metros foron empatadas coa parella china, quenes venceron por menos de un segundo. Por outra parte, o C2 da pontevedresa Antía Jácome e a madrileña María Corbera arrancaron con forza en segunda posición, e foron perdendo prazas ata finalizar sextas.

A representante do K1 1000 feminino foi a zamorana Laura Pedruelo, que finalizou en sexta posición nunha carreira que liderou a neozelandesa Aimee Fisher. O C1 200 masculino daríalle unha nova medalla á selección. O cangués Pablo Graña estivo liderando a carreira co húngaro Jonatan Daniel Hajdu, nunha emocionante carreira na que dende atrás o chino Yuebin Yu adiantou a Graña e o ruso Ivan Shtyl adiantou a Hajdu. Así foi como finalizou o de Cangas en segunda posición.

Tamén na distancia corta do K1, padexaría Carlos Arévalo. Aquí tivemos unha igualadísima carreira na que a distancia entre o serbio Dragosavljevic e o portugués Baptista foi mínima, e empataron na primeira posición. Aquí o brigantino puido sacar a espiña do K4, acadando a medalla de bronce. A derradeira medalla gañada na xornada foi a do C1 500 feminino, onde María Corbera foi bronce por detrás das canoistas canadiense e china. O C1 1000 masculino foi unha das últimas finais, na que competiría o pontevedrés Pablo Crespo, quen finalizou en séptima posición nunha carreira na que o checo Martin Fuksa gañou comodamente.

As últimas carreiras da tarde foron as eliminatorias das categorías que terán lugar mañá. Antía Jácome e Viktoria Yarchevska acadaron a súa clasificación en C1 200; do mesmo xeito que Sara Ouzande no K1 200. En K1 500 masculino, tamén se clasificaron Adrián del Río e Alex Graneri. No C2 500 padexaron o pontevedrés Adrián Sieiro e o madrileño Daniel Grijalba, que tamén acadaron o acceso á semifinal. Os medallistas olímpicos Joan Antoni Moreno e Diego Dominguez se clasificaron na mesma categoría. A asturiana Yaiza Novo e a onubense Daniela García tamén estarán mañá na semifinal; do mesmo xeito que a emeritense Estefanía Fernández e a donostiarra Begoña Lazkano. Os K2 do tomiñés Roi Rodríguez e o asturiano Alberto Llera e a parella de Enrique Adán e Carlos García estarán na final do 500.