O Pontillón do Castro acolle un sorprendente selectivo con destino a Szeged

Hoxe disputouse no Embalse de Pontillón de Castro, en Pontevedra, o selectivo nacional de barcos de equipo con destino á Copa do Mundo de Sprint que terá lugar en Szeged (Hungría). As primeiras particularidades foi que os K4 clasificados, tiveron dous titulares de París 2024 e dous novos integrantes.

A primeira carreira foi a do C2 500 feminino, tivo como líderes á parella da mallorquina María de los Ángeles Moreno e a ucraniana Viktoria Yarchevska, que se impuxeron á embarcación titular de Antía Jácome e María Corbera. O C2 masculino tamén tivo unha sorpresa xa que os actuais bronce olímpico, Joan Antoni Moreno e Diego Domínguez foron derrotados polo pontevedrés Adrián Sieiro e o madrileño Daniel Grijalba, con só 0,016 de diferencia. As dúas embarcacións participarán en Hungría.

A competencia foi moito menor no K4 500 feminino, o K4 formado polas titulares en París, Sara Ouzande e Estefanía Fernández, tiveron unha nova combinación coa asturiana Lucía Val e a valenciana Bárbara Pardo. A embarcación perseguidora estaba composto pola praviana Yaiza Novo, a zamorana Laura Pedruelo, a valisoletana Cristina Franco e a banyolense Laia Pèlachs.

O K2 500 masculino tivo como líderes ao tomiñés Roi Rodríguez e o asturiano Alberto Llera, fillo do riosellano do mesmo nome. Segundos foron Enrique Adán e Carlos García. O K4 masculino titular tamén sufriu dous cambios, xa que coa ausencia de Saúl Craviotto e Rodrigo Germade; Carlos Arévalo e Marcus Cooper fixeron equipo co tamén olímpico Adrián del Río e con Alex Graneri, este equipo foi o primeiro manténdose por diante da embarcación de Carlos Garrote, Roi Rodríguez, Alberto Llera e Íñigo Peña.

A derradeira carreira foi o K2 500 feminino, que tivo como vencedoras ás olímpicas Estefanía Fernández e Begoña Lazkano, impoñéndose á parella de Yaiza Nova e Daniela García.