O Naval de Pontevedra e o Piragüismo Verducido gañan o Campionato Galego de Inverno

Este sábado 1 de febreiro disputouse o primeiro Campionato Galego de Inverno no parque náutico de Castrelo de Miño, que disputaría as carreiras de K4 e C4 sobre 3000 metros.

As vencedoras do K4 senior feminino foron as mozas do Kayak Tudense, cun equipo formado por Lara Feijóo, Carmen Villar, Uxía Rodríguez e Lucía Soutelo. A medalla de prata foi para o Club de Mar Ría de Aldán, cunha embarcación composta por Araceli Menduiña, Sabela Dacosta, Iris Collazo e María Rodríguez. A terceira posición foi para as do Breogán do Grove, co equipo de María Rodríguez, Tania Álvarez, Marta Mourelos e Llara Tuset.

A categoría masculina do K4 foi liderada pola embarcación do Kayak Tudense, formado por David da Rocha, Manuel Rivas, Matías Valentín Otero e Martín Gorriti. A medalla de plata foi para os padexeiros do Náutico Firrete, nun K4 formado por Santiago Cruz, Antón Rey, Iker Veiga e Bruno González; mentres que o bronce foi para os rapaces Fluvial de Lugo: Adrián Jubón, Ulises Diéguez, Roi Blanco e Miguel Rouco.

Os vencedores no C4 senior masculino foi a embarcación das Torres de Catoira, co equipo de Fernando Busto, Adrián Pose, Kevin Longo e Raúl Fernández, os subcampións serían os do Fluvial de Lugo, cun C4 composto por Alejandro Zas, Luis Yasser Guerra, Eduyn Labarca e Andrii Zakharov. Os integrantes da embarcación que foron terceiros serían os da Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra: Rubén Otero, Alex Barreiro, Martín Expósito e Diego Couto.

Os vencedores do K4 mixto sería o equipo do Club de Mar Ría de Aldán, formado por: Araceli Menduiña, María Perez, Diego Dacosta e Carlos Pérez “Perucho”; os segundos foron os do Club Ría de Betanzos, cunha embarcación composta por Emma Vía, Kissi Torres, Adolfo Monteagudo e Diego Fernández. Os terceiros serían os do Grupo Xuvenil de As Pontes, o equipo de Carmen Alen, Celia Durán, Antonio Polo e Xalo García.

A metacategoría senior masculina estaría liderada polo Club Naval de Pontevedra, segundos estarían o Fluvial de Lugo e terceiros a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra. A victoria da metacategoría feminina foi para o Club de Piragüismo Verducido – Pontillón, seguido do Kayak Tudense e do Club de Mar Ría de Aldán.