Duisburg 2023 conclue con cinco novos metais e coloca a España como subcampiona no medalleiro
Esta mañá tiveron lugar as derradeiras carreiras do Campionato do Mundo de Duisburg. Ás 11:38 tivo lugar a primeira final coa participación da man da madrileña María Corbera, con dúas pratas xa no seu poder; Corbera volvería a conseguir unha nova prata sobre os 500 metros nos que liderou a canadiense Katie Vincent. Deste xeito igualaba á súa compañeira de C2 con tres pratas nas súas mans. A seguinte final con participación da seleción foi a do K2 500, no que padexaron o cangués Rodrigo Germade e o madrileño Adrián del Río; a parella acadou a medalla de bronce e con ela o pase para os XXOO de París. A seguinte final tería os ollos postos na parella sevillana de García e Martínez, que do mesmo xeito que os anteriores, conseguiron un bronce e un pase para os Xogos Olímpicos. Menos sorte que os anteriores a terían a banyolina Laia Pèlachs e a donostiarra Begoña Lazkano, cuxo K2 finalizou en séptima posición quedándose así as portas da clasificación olímpica. Non obstante, sempre queda a oportunidade da clasificación continental o próximo ano.

A seguinte participación da selección a teríamos no C4 feminino sobre 500 m., no que as pontevedresas Claudia Couto, Valeria Oliveira e Antía Otero, xunto á mallorquina María Moreno finalizaron quintas na súa final. A seguinte medalla viría da man do K2 mixto da valenciana Bárbara Pardo e o zumaiarra Iñigo Peña, que acadaron a terceira posición nunha carreira que lideraron os alemáns Roehling e Schopf.
As derradeiras finais serían as dos 5000 metros, a primeira delas sería a do C1 feminino, no que a pontevedresa Cris Soutelo finalizou en décima posición nunha carreira na que a máis rápida foi a canadiense Katie Vincent. A continuación foi o turno do C1 masculino, sobre estes 5 km., o madrileño Noel Domínguez finalizou noveno. O K1 feminino volvería dar outra alegría aos siaeiros, xa que a emeritense Estefanía Fernández proclamouse campiona do mundo por diante da canadiense Schmidt e a sueca Andersson. A última final sería o do K1 masculino, na que participaría o talaverano Paco Cubelos, que foi oitavo nunha carreira que venceu o danés Mads Brandt Pedersen.
Con todos estes resultados, o campionato concluíu colocando á seleccion española en segunda posición por detras do país anfitrión, con tres ouros, cinco pratas e cinco ouros.