A selección lidera o primeiro día do Mundial de Ponte de Lima

Antes de nada quixera desculparme por deixar a web e as outras redes sociais inactivas durante o verán, a carga de traballo impediumo.

En primeiro lugar, expoñer que o Campionato do Mundo de Maratón comezou este luns coa categoría de veteranos, no que, España tivo unha victoria indiscutible. Onte foi o primeiro día das categorías absolutas. Trala clasificación das embarcacións españolas á final da categoría Short, realizouse a final do C1 Junior en categoría masculina, no que Dario Sánchez, do Club de Piragüismo Aranjuez, proclamouse campión do mundo. Na mesma carreira, o padexeiro do Piragüismo As Torres de Catoira, Kevin Longo, finalizou en séptima posición.

As finais da categoría corta comenzaron co C1 feminino, no que Anna Gorinsky, do Alberche, finalizou en novena posición. A súa compañeira de selección, a vallisoletana Patricia Coco, foi undécima; nunha carreira no que a vencedora foi a británica Bethany Gill. No C1 masculino, a victoria foi para o breoganista Diego Romero, proclamouse campión do mundo, nunha regata na que foi á par de Jaime Duro (E.P. Ciudad de Pontevedra), quen se proclamou subcampión. En toda a carreira foron perseguidos polos dous canoístas polacos, entre os que, Mateusz Kaminsky, foi terceiro.

Ás 17:15 hora portuguesa, tería lugar o K1 feminino, no que os ollos dos seguidores estaban na emeritense Estefanía Fernández e na zamorana Eva Barrios. Elas dúas e a padexeira sueca, Melina Andersson, foron nas posicións de cabeza na súa primeira metade. Foi nese momento cando a británica Samantha Rees-Clark se uniu a elas. O sprint final foi entre Fernández e Andersson, finalmente a victoria foi para a sueca, a 00:01.96 de diferencia de Estefanía. A británica finalizou en terceira posición, e Eva tívose que conformar co quinto posto, por detrás da favorita, a húngara Vanda Kiszli. A derradeira carreira do día foi o K1 masculino, no que as esperanzas portuguesas estaban en Jose Ramalho e Fernando Pimenta, dúas veces medallista olímpico e catro veces campión do mundo en K1 1000 e K1 5000. Os primeiros postos na primeira metade da carreira estaban eles dous e o danés Mads Pedersen. Un percance no porteo fixo que Ramalho se saíse do grupo de cabeza, a victoria estaría entre Pimenta e Pedersen, que finalizaron co ouro e coa prata, respectivamente. Polo lado dos piragüistas nacionais, o tudense Iván Alonso, que non estivo en cabeza durante case toda a carreira, fixo un sprint final no que adiantou a Hank McGregor, superandoo por menos de un segundo e acadando a medalla de bronce.

A primeira xornada do campionato pon á selección española na cabeza do medalleiro, por diante de Portugal e Hungría