Corbera, Barrios, Romero e López lideran o LI Campionato de España de Inverno
Este fin de semana, na Cartuja de Sevilla, disputouse o LI Campeonato de España de Invierno. Coma tódolos anos, a mañá do sábado, realizáronse os clasificatorios de 2000 metros para facer a criba de clasificación de un total de 70 palistas que disputarían os 5000 metros esa tarde e a mañá do domingo.

A primeira hora da tarde sería o turno das finales da categoría paralímpica. A modalidade do KL2 tivo como vencedor a Higinio Rivero do Club Barrika Piragua Taldea, no KL3, a primeira posición foi para Juan Antonio Valle, do Polideportivo Iuxtanam Mérida. O lider do KS1 Especial sería Ramón Fernández, do Ciudad de Lugo, no VL3 a victoria sería para o sevillano Javier Reja (Club Náutico de Sevilla), a victoria do KL2 feminino sería para Inés Mª Felipe, do Piragüismo Badajoz, como única participante, e finalmente, a primeira posición no KS1 Especial foi para Elena Ayuso do Piragüismo Extremadura.
A final das categorías junior, disputadas a tarde do sábado, no C1 feminino tivo como vencedores a Valeria Oliveira, do Piragüismo Poio, por diante de Maria dels Angels Moreno, do Náutico Port de Pollença e de Rosalía García das Torres de Catoira. A campiona no K1 feminino foi para Carla Corral do Club Piraguas Sirio – Los Cauces, en segundo lugar estaría Carla Vey no Náutico de Palma, por diante de Laura Serra, do Club Natacio Banyoles. A canoa masculina foi liderada por Cristian Agu, do Náutico Port de Pollença, seguido de Raúl Estévez do Náutico Rodeira de Cangas e de Diego Domínguez do CMDC Bregón do Grove. Rematando a categoría junior, o vencedor no K1 masculino foi Alex Graneri, do Náutico de Palma, seguido de Marcos Caballero, do Piragüismo Cisne e de Ernesto Goríbar do Piragüismo El Sella.
A primeira final da categoría senior e sub23 tamén se disputaría o sábado, que sería a canoa feminina. Na categoría senior, a líder indiscutible foi María Corbera, do Piragüismo Aranjuez, que gran parte da carreira padexaría en solitario na cabeza da carreira. Tras ela, remarían as compañeiras de clube, Antía Jácome e Antía Otero, do Ciudad de Pontevedra, que disputarían a carreira xuntas ata que a vencedora sería Jácome, en 2ª posición na categoría senior, uns segundos por diante de Otero, que sería a primeira sub23. O podio na categoría senior completaríao Jenifer Casal, con máis de dous minutos por detrás da pontevedresa; e o sub23 tería en segunda e terceira posición a Ana Barea (Real Círculo de Labradores) e a Julia Espinosa (S.D del Círculo Mercantil e Industrial de Sevilla).
A xornada do domingo sería inaugurada polo C1 sub23 masculino, que tivo como rivais en casi toda a carreira a Manuel Fontán, do Muíño de Ribadumia e a David Barreiro, do CMDC Breogán. Finalmente, a victoria sería para o vilanovés nas filas do Muíño de Ribadumia, mentres que Barreiro sería subcampión, e o bronce sería para Pablo Crespo, do Ciudad de Pontevedra. A categoría da canoa senior tivo unha gran loita polo liderazgo entre catro padexeiros nas filas de clubes galegos, Diego Romero e Noel Domínguez (os dous do CMDC Breogán), Manuel Garrido (Kayak Tudense) e Adrian Sieiro (Piragüismo Poio). A falta de un kilómetro para chegar á meta, a partir da penúltima ciaboga, Romero separouse do grupo e chegando á meta a varios metros de distancia dos seus perseguidores. Namentres, Sieiro quedouse atrás dos seus competidores e a sprint decidiríase o subcampionato, que foi ás mans de Domínguez, mentres Garrido tívose que conformar coa medalla de bronce. O K1 sub23 feminino tivo como vencedora a Bárbara Pardo, da Peña Piragüista Antella, a menos de dous segundos de diferencia de Irene Lata, do Club Ría de Betanzos e a case 10 segundos de Teresa Mª de la Peña, do Náutico de Sevilla. Na categoría feminina das seniors, un gran grupo de cabeza foi liderado pola xixonesa do Real Grupo de Cultura Covadonga, Miriam Vega. Nos últimos postos dese grupo de cabeza, encontrábase Eva Barrios (Club Deportivo Durius – Kayak Zamora), ao largo de cuxos 5000 foi subindo de posición ata colocarse da primeira posición, que mantería ata o final ata proclamarse campiona de España, cunha diferencia de tan só 0.88 segundo de Vega. A terceira posición, tamén decidida no sprint final, foi para Estefanía Fernández do Iuxtanam Mérida, que estivo a tan só tres décimas de segundo de diferencia de Laura Pedruelo, do Kayak Zamora. Os postos de medalla do K1 masculino sub23 tamén foron decididos a sprint final, que tivo como resolución a victoria do palista do Club Piragüismo El Sella, Alberto Llera Serrano (fillo de Alberto Llera e sobriño de Fran Llera), a segunda e terceira posición foron para Aitor Gorrotxategi (Club Sociedad Deportiva Santiagotarrak) e David Darne (Club Natacio Banyoles), respectivamente. Rematando o campionato, estaría a categoría reina, o K1 senior masculino, tras unha saída sorprendente como é habitual, o grupo de cabeza formouse por 6 palistas, nos que se encontraban o barcelonés Albert Martí (Kayak Tudense), o parragués Javier Hernanz (UCAM), o sotriano Javier López (Club Piragüismo El Sella), o esloveno Jost Zakrajsek (Sociedad Cultural y Deportiva Ribadesella), o riosellano Walter Bouzan (Club Piragüismo El Sella) e o avilesino Miguel Fdez. Castañón (Club Fluvial O Barco). Ao longo da carreira, a cabeza mantívose con Martí, Hernanz, López e Zakrajsek, os cales iban turnando a marca ao largo dos 5000 metros. Na última ciaboga, Zakrajsek descolgouse do grupo de cabeza impedinlle loitar polas medallas no sprint final, cuxa victoria foi para López, Martí en segunda posición e Hernánz en terceira; unha posición inesperada para o parragués despois de estar loitando pola presidencia da federación española e a baixa forma na que se encontraba.
A nivel de clubes, o vencedor foi o Club Piragüismo Aranjuez, mentres que o subcampionato foi para o Kayak Tudense e a terceira posición foi para o Club Náutico de Sevilla.