Comeza o selectivo para a formación do K1 e K4 nos XXOO de Tokyo
Hoxe comezan os selectivos para a formación do K1-200 e K4-500 que competirán nos Xogos Olímpicos de Tokyo este verán.

No Embalse de Trasona e baixo a dirección do asturiano Miguel García, os palistas Saúl Craviotto, Carlos Arévalo, Rodrigo Germade, Marcus Cooper Walz, Carlos Garrote e Isaac Toro serán os aspirantes a estas formacións. Segundo as normas das olimpiadas, solo haberá catro candidatos seleccionados, polo tanto, un dos membros do K4, terá que ser o representante do K1.
Tralos diversos test individuais realizados sobre as distancia de 200 y 400 metros, configuránronse 3 embarcacións diferentes, unha formada por Craviotto, Arévalo, Garrote e Toro, outra composta por Craviotto, Arévalo, Cooper e Toro e a ultima formación é a de Craviotto, Arévalo e Germade e Cooper, esta última foi a que conseguiu a praza do K4 tras finalizar en segunda posición no último Campionato do Mundo. Fose cal for, o K4 seleccionado, contaría con dous palistas galegos. Os criterios de selección desta embarcación, debe considerar cal dos 3 K4 consegue o mellor tempo, cuxa diferencia sexa igual ou superior a 0,6’’.
Por outro lado, para a designación do K1, faranse duas probas sobre os 200 metros, e se o vencedor non é o mesmo, realizarase unha terceira tirada.
Moita ánimo a todos!