Campionato Galego de Inverno 2020

Campionato Galego de Inverno 2020

A mañá do sábado 15 tivo lugar o Campionato Galego de Inverno sobre 5000 metros no Encoro de Castrelo de Miño.

Nunha xornada nublada e con calma, a primeira carreira sería para a canoa feminina, que realizaría a súa saída as 10 en punto da mañá. A vitoria sería para a canoísta boirense Raquel Dacosta (Club Piragüismo Rías Baixas – Boiro), que obtivo case un minuto de vantaxe sobre Jenifer Casal, do E.P. Ciudad de Pontevedra; pechando o podio, a medalla de bronce sería para a palista pontevedresa do Club Cofradía Pescadores Portonovo, Raquel Rodríguez.
Na canoa masculina, o canoísta do Breogán do Grove, Diego Romero, foi o campión, con 19 segundos de vantaxe do subcampión, o seu compañeiro de clube, o sub-23 Noel Domínguez, que optou por participar na categoría senior. Pasado máis dun minuto, Fernando Busto, do Club As Torres – Romaría Vikinga, cruzaría a meta en terceira posición.

O kayak feminino en categoría senior, tería o seu turno ás 12.00. Pasada a primeira ciaboga, Tania Fernández García (Kayak Tudense) e Tania Álvarez Yates (Breogán do Grove), compañeiras de selección no K2 español e subcampionas do Mundo en 2019, deixaron atrás ao grupo perseguidor facendo a carreira as dúas en solitario. A victoria foi para Fernández, a sprint final e a medio segundo de diferencia de Álvarez. Minuto e medio despois, a palista húngara do Fluvial de Lugo, Szilvia Köllő, completou o podio da categoría.

Saída do K1 Senior Masculino

O K1 masculino tería a súa saída as 13:45. A carreira comezou cunha saída sorprendente, encabezada por Miguel Ordoñez (C.P. Rías Baixas – Boiro), Diego Castro e Jose Alberto Conde (ambos do Club Piragüismo Vilaboa). Despois da primeira volta, o grupo de cabeza estaría formado por Aaron Diéguez e Sebastían Delgado (Kayak Tudense), Diego Dacosta (Club de Mar Ría de Aldán), Iván Alonso e Jaime Manuel Sobrado (Club Piragüismo Olívico), Antonio Palmas (Club Piragüismo Vilaboa) e Miguel Fernández Castañón (Club Fluvial O Barco). O grupo de cabeza foi menguando ata que quedaron os tres competidores pola vitoria, que se decidiu nun sprint final que resultou a primeira praza para Alonso, Diéguez en segunda posición e Palmas en terceira, os tres entrando en menos de un segundo. Perseguíndoos con pouca distancia, entraron en meta Delgado e Sobrado, a 8 segundos das posicións de podio.

O medallero tería como resultado ao Club Kayak Tudense como vencedor, seguido do Club Piragüismo Olívico e á E.P. Ciudad de Pontevedra.