A E.P. Ciudad de Pontevedra proclámase campiona de España en Trasona
La Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra proclamouse cun total de 482 puntos, campiona de España na Copa de 1000m da categoría cadete, superando por 92 puntos ao segundo clube clasificado, que en este caso foi o Náutico de Sevilla.
O E.P. Ciudad de Pontevedra acadou un total de 7 medallas, encabezando así o medalleiro da competición. As medallas de ouro chegaban da man de María de la Peña en C1, Alejandra Manso en K1 e Ángel Fuego en C1, liderando así case tódalas categorías individuais, a excepción do K1 feminino, no que venceu Carla Frieiro, de As Torres de Catoira. O clube pontevedrés sumou un total de tres medallas de prata, que foron fruto do esforzo de Nuria Rodiño e Sara Abilleira en C2, esta última tamén acadara a prata no C1, detrás da súa compañeira de clube e por último de Fátima Moreira que consiguiu subirse á segunda posición en K1. A última medalla do clube resultaba do bronce acadado por María de la Peña e Lucía Pérez en c2. A outra medalla dun clube galego nunha embarcación doble foi a das tudenses Lara Feijoo e Joana dos Santos. Finalmente, no C4 masculino, os clubes galegos terían mellores resultados, xa que os vencedores serían os rapaces do Club Piragüismo Rias Baixas: Lojo, Vidal, López e Carnota, por diante de Castaño, Catoira, Zurita e Pereira, de As Torres de Catoira. Mentres que no K4, a medalla acadada por un clube galego foi a prata dos rapaces de Verducido cunha embarcación formada por Iglesias, Paz, Pazos e Saavedra.
Non obstante, o clube vencedor sufriu unha desventura o día anterior. Xa que os 16 rapaces, acompañados do seu adestrador e do seu presidente, cando chegaron ao seu hotel (que estaba moi preto do campo de regatas), dixéronlle que habían recibido a chamada dun suposto representante do clube para cancelar a reserva. Finalmente, grazas á rápida actuación o clube encontrou habitacións suficientes no Hotel 40 Nudos que dende o primeiro momento lles deron tódalas facilidades.
“Sin duda la gran alegría del día llegaba cuando nos enteramos de que el club era campeón de España. Queda claro que si todos trabajamos en equipo podemos conseguir todo lo que nos propongamos. Enhorabuena a todo el equipo” – explica o presidente da entidade.
Información redactada grazas á nota de prensa enviada polo responsable de comunicación do club E.P. Ciudad de Pontevedra.