A selección de piragüismo lidera o medalleiro de España en Río 2016
Os Xogos Olímpicos de Río 2016, foron o escenario no que o piragüismo nacional liderou o medalleiro de toda a selección olímpica. Os primeiro turno de piragüismo foi o slalom, no que tras o irundarra Ander Elosegi conseguía un diploma olímpico coa octava posición no C1, vimos como a donostiarra Maialen Chourraut, facía unha carreira perfecta no K1, superando ao resto da súa competencia, cun tempo de 1:38:65, e proclamándose campiona olímpica. O piragüismo en augas tranquilas truxo dous ouros e un bronce, sendo o deporte que máis metais truxo para España, e tamén acadaron diplomas olímpicos, o resto de padexeiros da selección española. En primeiro lugar, o martes sería o turno da final da canguesa Teresa Portela, que foi diploma olímpico en K1 200 metros, cunha sexta posición nunha carreira dominada pola neozelandesa Lisa Carrington; con este novo éxito, Portela demostra que é unha grande deportista que leva nas costas cinco Xogos e cinco diplomas olímpicos. A segunda final con participación española, foi o K1 1000 m., no que os nosos ollos estaban fixos no mallorquín Marcus Cooper, que tras unha boa saída que o colocou nunha segunda posición nos 100 primeiros metros, foise deixando ir ata a sexta posición e a falta dos últimos 250 metros foi remontando progresivamente, acadando a primeira posición e conseguindo a medalla de ouro, ante uns espectadores que nos emocionamos moito vendo a súa grande e precisa carreira, que disputou con tan so 21 anos. O seguinte día de finais foi o xoves, na que puidemos ver a un Sete Benavides en C1 200 nunha terceira posición ata o último metro, no que o brasileiro Izaquias Queiroz, discípulo de Suso Morlán (ex-entrenador de David Cal) deu un impulso que o adiantou, facendo unha pequena diferencia de 2 centésimas. A seguinte participación foi a do K2 200 do lucense Cristian Isaac Toro e do leridano Saúl Craviotto, que xa se había clasificado a final directa na eliminatoria, este K2, che xa prometera na súa primeira carreira, liderou a carreira tras un saída un pouco máis lenta que os K2 en cabeza; Toro e Craviotto proclamáronse campións olímpicos. O seguinte e último día de finais foi a xornada de onte sábado, na que o K1 de Saúl Craviotto, tras un saída lenta, foi remontando ata chegar á terceira posición, acadando a medalla de bronce e conseguindo un metal máis para o seu palmarés, convertíndose así, nun dos maiores medallistas olímpicos da historia española, empatado a Joan Llaneras, Arantxa Sánchez Vicario, Andrea Fuentes e Mireia Belmonte, que tamén posúen 4 metais, solo superados por David Cal, que posúe 5 preseas. Finalmente, a última participación española veu da man do K4 1000 dos galegos Óscar Carrera e Rodrigo Germade, o asturiano Javier Hernanz e o euskera Íñigo Peña, que tras saír nas últimas posicións, remontaron ata ser quintos, tan só a 2 décimas detras da cuarta posición, nunha regata liderada polo K4 alemán.
No Remo, a parella española de Pau Vela Maggi e Alexander Bjornsson en barco móvil sen timonel non se clasificaron nas eliminatorias e na repesca tampouco conseguiron meterse nas finais. Polo seu lado, na categoría feminina, Anna Boada e Aina Cid, tamén nun barco sen timonel, foron sextas na final.
Mentres tanto na Vela, como é habitual, houbo maior participación, no RS:X, o alicantino Iván Pastor conseguiu a novena posición, mentres tanto que no lado feminino, a sevillana Marina Alabau foi quinta. Polo seu lado, a parella de Tamara Echegoyen e Berta Betanzos foron séptimas no 49er. Embarcación na que no lado masculino, Iago López e Diego Botín foron sextos. Polo seu lado, no 470, nin a tripulación masculina de Joan Herp e Jordi Xammar nin a tripulación feminina de Sara López e Bárbara Cornudella se clasificaron as finais. Tampouco se clasificaron á final Alicia Cebrián en Laser Radial, Joaquín Blanco en láser e a parella Fernando Echávarri e Tara Pacheco en Nacra 17 mixto.
A selección olímpica española, acadou a 14ª posición, con 7 ouros, 4 pratas e 6 bronces (esta cantidade de ouros solo foron superados polos Xogos de Barcelona 1992), nunha clasificación na que o país anfitrión superou a España nas últimas horas, e nuns Xogos liderados por EEUU, Reino Unido e China.