Este fin de semana, disputarase un selectivo en Trasona e Verducido para o preolímpico europeo

O Embalse de Trasona e o de Verducido serán escenario dos respectivos selectivos para o Clasificatorio Continental (Duisburg) e o Campeonato de Europa (Moscú).

romero-campos-arevaloPola súa parte, a pista asturiana será escenario do selectivo para o K1 e K2 200; por parte da embarcación individual, a disputa estará entre Saúl Craviotto, Carlos Arévalo, Carlos Garrote, Isaac Toro e Jesús Soler e outros catro palistas que se clasificarán nunha semifinal na que os palistas citados xa se clasificaron. Namentres, no kayak dobre, na tirada final estarán Craviotto e Toro, Gómez González con Oriyes e a parella de Bargaoanu e Soler.

A pista galega será o escenario do clasificatorio do C2 1000, que disputará as parellas de Tono Campos e Diego Romero, Adrián Sieiro e Sergio Vallejo, José Luis Bouza e Brais Casas e o C2 de André Oliveira e Fernández Marqués.