Entrevista a Óscar Carrera
O palista tudense Óscar Carrera Amandi, conseguía unha praza olímpica tras entrar en sexta posición na final de K4 1000 no Campionato do Mundo de Pista celebrado en Milán. Acompañado dos seus compañeiros Javier Hernánz, Rodrigo Germade e Íñigo Peña, Óscar acadaba unha clasificación olímpica nunha embarcación, que ningún equipo español a conseguira dende fai máis de 20 anos.
A Contra Vento: Bos días Óscar, noraboa polo teu éxito neste Mundial e moitas gracias por concederlle un rato a A Contra Vento. Clasificarvos para os Xogos Olímpicos de 2016, era algo co que contábades os teus compañeiros de K4?
Óscar Carrera: Podía dicirse que sí, os adestramentos daban a entender que podíamos conseguir a clasificación. Pero bueno, como digo eu sempre, as regatas hai que remalas.
ACV: Tíñades a medalla prevista para esta final do Campionato do Mundo? Ou principalmente buscábades a clasificación olímpica?
O.C.: Como dixen na outra pregunta, os adestamentos daban a entender que tiñamos un nivel moi bo, para clasificarnos e loitar polas medallas.
ACV: Cal crees que foi o principal erro polo que non conseguíchedes unha medalla?
O.C.: Non se cometeu ningún erro, so que os rivais foron mellor que nós.
ACV: Cal pensas que foron os puntos fortes para conseguir a clasificación olímpica?
O.C.: Os puntos fortes que nos deron a clasificación, foron as ganas e a ilusión que tiñamos para acadar a praza para Río 2016, xa que era un soño para todos nós.
ACV: Cando retomaredes os adestramentos? Xa tes algún plan designado para o adestramento desta próxima temporada?
O.C.: Aínda non sabemos cando voltamos aos adestramentos. O único que temos designado para estos días é disfrutar dunhas boas vacacións, e saír un pouco da rutina diaria.
ACV: Quizás sexa demasiado anticiparse nesta época do ano, pero, tes algún obxectivo para os Xogos Olímpicos de Río 2016?
O.C.: Claro que se ten un obxectivo, que é entrenar máis e con máis ganas para acadar as metas que nos propoñemos de cara aos Xogos, e poder loitar por algo grande.
ACV: Recordando un pouco a túa carreira deportiva, fai 5 ou 6 anos, nos teus inicios na categoría senior, pasábaseche pola cabeza a clasificación olímpica para este futuro 2016?
O.C.: En ningún momento se me pasou pola cabeza conseguir a praza olímpica.
ACV: E facendo un pouco menos de memoria, cales son as fortalezas e deficiencias túas e do teu K4 nos 1000 metros?
O.C.: As fortalezas que ten o barco son, que é un barco moi estable que dende o principio vai moi acoplado.
ACV: Como é a túa relación cos teus tres compañeiros?
O.C.: A relación é moi boa xa que nos levamos moi ben e nos apoiamos uns nos outros, tanto nos momentos malos como nos bos.
ACV: Moitas gracias Óscar.