O Cidade de Pontevedra vence na XX Baixada do Río Umia

O domingo 15 de xuño, dispútase a XX Baixada do Río Umia, co seu habitual percorrido: saída en Portas e chegada nas inmediacións do Club Náutico o Muiño de Ribadumia.

IMG_5401Nunha calurosa tarde con 32ºC, a partir das 5 comezou a baixada. As diferentes saídas se fixeron de xeito consecutivo nesta orde: en primeiro lugar os kaiakistas senior, seguidos polos junior na segunda salida e os cadetes na terceira. A continuación sairían tódalas categorías canoas e despois todas as categorías femininas.

Os primeiros K1 en chegar á meta, serían dous compañeiros de Vilaboa, Antonio Palmas e Brais Sánchez, que nos últimos metros da carreira, comezaron a ir tan despacio que parecía que ningún tiña prisa por gañar. Os dous entraron xuntos na meta sendo Palmas o gañador e Sánchez en segunda posición. O podio completaríase con outro palista do Club de IMG_5427Piragüismo Vilaboa, Mauro Pazos. No C1 Senior a victoria sería para o grovense Miguel Fernández, a medaia de prata sería para Borja Gargallo, do Náutico Firrete e o bronce sería para o canoísta local, David Maquieira. O K1 muller tería como vencedora a local María Rojo, seguida pola súa compañeira de clube Ana Valin e por Gloria Silva, do Club Piragüismo Illa de Arousa. Na categoría feminina, destacar a carreira da arousana Antía Santiago, que non só venceu na categoría cadete, senón que tamén venceu a tódalas palistas femininas.

IMG_5543A nivel de clubes a victoría sería para a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra, en segunda posición estaría o clube local, a terceira posición sería para o Club de Piragüismo Vilaboa e en cuarta e quinta, o Club de Piragüismo Illa de Arousa e o Breogán do Grove, respectivamente.