O Ría de Aldan lidera o Trofeo Príncipe de Asturias

Principe de Asturias 14O sábado 14 de xuño, celebrouse o Trofeo Príncipe de Asturias no encoro de Pontillón do Castro (Verducido). A competición realizouse co novo sistema que comezou hai uns anos, con cambios de embarcacións. En equipos de catro, os palistas deberían percorrer 2 kilómetros en embarcacións indivudiais, de seguido, en terra faríanse parellas para facer outros 2 kilómetros en embarcacións dobres e finalmente, os catro se xuntarían para coller un K4 ou C4 e realizar outros dous kilómetros. As categorías participantes serían as categorías cadete, junior e senior.

Nas categorías senior, en primer lugar participarían os canoístas, que saldrían as 12 do mediodía, esta carreira foi liderada polo equipo do Breogán do Grove, formado por Tono Campos, Diego Romero, Francisco Rodríguez e Miguel Fernández. A 23 segundos estaría o C4 do Kayak Tudense formado polos xemelgos Costa Bouzada, David González e Luís Figueira. En terceira posición, a casi 3 minutos dos primeiros, sería para o Club Escola de Piragüismo Poio, cun C4 formado por Adrian Sieiro, Alex Bernández, Sergio Vallejo e Manuel García.

No kayak feminino a victoria sería para as catro do Kayak Tudense: Carla Pérez, Leticia Piña, Valeria Romero e Andrea Fátima Porteiro. A pouco máis de un minuto seguíronlle as palistas do Club de Mar Ría de Aldán de Jessica e Noelia Moledo Rial, Cintia Fernández e Mª Araceli Menduiña. A medaia de bronce sería para o K4 do Breogán do Grove de Sara Bravo, Laura García, Tania Alvárez e Rut Otero.

A última carreira do día sería a dos kaiakistas senior, carreira que comezaría ás 12:45. Nesta proba, os gañadores e os segundo, serían para os dous cuartetos do Club de Piragüismo Vilaboa, o primeiro deles formado por Antonio Palmas, Brais Sánchez, Diego Castro e Jose Alberto Conde; e o segundo estaría formado por David Blanco, Marco Antonio Cadenas, Mauro Pazos e Rubén Dario Pazos. A terceira posición sería para o K4 do Kayak Tudense, a 1:45 dos primeiros, nunha embarcación formada por Aaron Diéguez, Gabriel Hernández, Roi Rodríguez e Andrés Pérez.

A nivel de clubes, a victoría sería para o Club de Mar Ría de Aldán – Hermanos Gandón, a segunda posición sería para a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra e a terceira posición sería para o Club As Torres de Catoira.