Bermeo, Meira e Mecos, campións de España de Trainerillas

O primeiro día de xuño, celebráronse en Meira (Moaña), as finais do LXVX Campionato de España de Trainerillas. Cas eliminatorias feitas o sábado 31, a xornada de remo do domingo comezaría ás 11 e media ca primeira final B (final de consolación).

cr mecos fem

A primeira final B sería a da categoría xuvenil, cuxo percorrido, ó igual que en tódalas carreiras do día, consistiu en 4 largos de 850 metros nas que participaban 5 embarcacións. A victoria desta final B sería para a trainerilla do S.D. Tirán, seguidos de cerca pola do C.R. Cabo de Cruz. A segunda e última final B da mañá, que sería a da categoría absoluta masculina, sería de novo liderada pola embarcación do S.D. Tirán.

AbsMascCETPasadas as 12 da mañá comezarían as carreiras nas que se xogarían as medallas. A primeira destas foi a categoría feminina absoluta, a cal tería 3 claras vencedoras, en orden de primera a terceira posición, serían para o clube local S.D. Samertolameu, para o P.D. Koxtape A.E. de San Juán (Guipúzcoa) e para o C.R. Chapela. A estas tres posicións seguiríalle as embarcacións do C.R. Mecos-Mondariz de O Grove e o da S.D. Tirán. A segunda final A sería para as embarcacións masculina xuvenil, as que tiveron unha disputa polo ouro entre a trainerilla do C.R. Mecos e a do C.R. Cabo de Cruz, finalmente a victoría foi para o barco grovense. A medalla de bronce caería en mans do barco do equipo Zarautz Arraun Elkartea (de Zarautz, Guipúzcoa).

A última carreira, que poñería peche a este campionato sería para a categoría absoluta masculina, na que os vencedores serían os remeros vizquainos do clube Bermeo A.E. Seguidos polos barcos do Zierbena A.E. (Zierbena, Vizquaya) e o do C.R. Cabo de Cruz.

Ó mediodía, concretamente á 1:30, tería lugar a entrega de medallas e con isto finalizaría este campionato.

meira-CET