Arranca o Mundial de Maratón en Bascov
Esta semana comezou o Campionato do Mundo de Maratón na cidade rumana de Pitesti, nas augas do río Bascov.

As primeiras xornadas foron dedicadas ao Campionato do Mundo de Maratón na categoría Master, no cal a selección española acadou dez metais. Cos ouros gañados polo C2 +35 dos madrileños Julián Serrano e Ángel Martin, un segundo acadado en solitario por Serrano. Outro ouro o conseguiu o barquense Jesús Rguez. León, no K1 40-44, asemade, o palista de O Barco tamén acadou a victoria no K2 con Santiago Cruz. O lucense Bernardo Sánchez tamén acadou un ouro en K1 50-54, pero tamén lle sumaría unha prata na categoría doble con Francisco Vázquez; que tamén acadara outro ouro en solitario. O derradeiro ouro foi para o K2 70-74 de José Santos e Antonio Cruzado, conseguindo este último unha medalla de bronce. A outro metal acadado pola selección foi a prata do conquense Alberto Lumbreras.
Ás 08.45 hora rumana, comenzaría coas categorías junior e as short race para senior. Nas categorías xuvenís disputadas na xornada de hoxe solo houbo unha medalla, a do ribereño Daniel Grijalba, bronce en C1. O maratón corto de 3,4 km comezou ás 16:25 co C1 feminino, no que competía a pontevedresa Jenifer Casal. A galega comezou cunha mala primeira metade, pero no último kilómetro e medio foi remontando ata finalizar en quinta posición; a campiona sería a imbatible ucraína Liudmyla Babak. A mesma posición que Casal acadaríaa a kayakista zamorana Eva Barrios, que despois de estar en segunda posición na primeira volta, o final do primeiro porteo decidiu as tres primeiras posicións, que finalizaron coa victoria da húngara Vanda Kiszli, seguida da británica Lizzie Broughton e a serbia Kristina Bedec.
Ás 16.50 sería o turno do grovense Tono Campos e o cuntense Diego Romero. Á primeira ciaboga chegou un grupo de cabeza de sete, con Campos na primeira ola e Romero en quinta posición. Na súa chegada ao porteo, os dous estaban en segunda e terceira poisición perseguindo ao húngaro Balázs Adolf. A metade da carreira, o grupo de cabeza estaba formado por Campos, o húngaro Adolf, o C1 polaco Borgiel e o C1 checo Brezina. No último kilómetro, os tres primeiros descolgarían ao checo, pero no último medio minuto, o breoganista resenteríase do esforzo producido pola incomodidade de palear na segunda ola e de colocarse na posición menos propicia nas ciabogas. Finalmente, o bronce sería para Brezina e, Campos e Romero, serían cuarto e quinto.
A derradeira proba da xornada sería a do K1, ás 17.40, no que os ollos da selección estaban postos no tudense Iván Alonso. Na primeira ciaboga, o palista británico Daniel Johnson volcou e o tumulto provocado perxudicou a Alonso, que se descolgou do grupo de cabeza, formado por sete. Nos próximos metros, os líderes serían o portugués Jose Ramalho, o arxentino Franco Balboa e o danés Mads Pedersen. No segundo porteo, o tudense conseguiu poñerse no grupo de cabeza, que seguía cos mesmos tres K1. No último kilómetro, Balboa quedou atras e no sprint final, Alonso non puido manter a posición dos dous vencedores; entre os cales, Ramalho fixo un gran sprint final que lle deu a victoria. Consecuentemente, a prata foi para o danés e o bronce para o tudense.