Poznan 2021: A selección pecha o Europeo cun novo ouro

Na xornada de hoxe pechábase o Campionato de Europa de pista celebrado en Poznan.

A primeira final en realizarse sería a final B do K2 sobre 500 metros, no que o lucense Isaac Toro e o riosellano Pelayo Roza vencerían a súa carreira. A seguinte participación da selección española sería a do C2 feminino da cambadesa María Pérez e da vallisoletana Patricia Coco, que foron novenas na final A do C2 200. A canoa doble masculina daría a primeira alegría da xornada coa victoria do cangués Pablo Graña e o madrileño Alberto Pedrero, tamén nos 200 metros. A final A do K2 feminino sobre 200 m., sería representado pola emeritense Teresa Tirado e a zamorana Mirella Vázquez, que foron 9ªs na súa regata.

Na final B do K1 sobre 500 metros, padexaría a tamén zamorana Laura Pedruelo, que finalizaría en cuarta posición. Despois das 11:00 horas, sería o turno da final do C2 masculino sobre 1000 metros, na que o cangués David Barreiro e o madrileño Noel Domínguez remataron en octava posición. No K1 sobre 200 metros, Juan Oriyés foi cuarto a 0.03 da presea e o K4 500 da pontevedresa Carolina García, das asturianas Sara Ouzande e Miriam Vega e da bañolense Laia Pèlachs foron octavadas.

Nos 5000 metros, o representante español no K1 foi o asturiano Javier López, que foi octavo nunha carreira liderada polo húngaro Balint Noe. O kayak feminino estivo representado pola zamorana Eva Barrios, que finalizou en séptima posición nus 5000 m. no que a máis rápida foi a húngara Dora Bodonyi. Diego Romero defendeu o C1 masculino, finalizando en cuarta posición nunha regata liderada polo incansable alemán Sebastian Brendel. Finalmente, Ana Barea, no C1, rematou en novena posición; a gañadora nesta categoría sería a bielorrusa Volha Klimava.

O resultado final no medalleiro, España finalizaría en sexta posición, nun campeonato liderado indiscutiblemente, por Hungría, que obtivo 18 metais.