Poznan 2021: Catro medallas nas primeiras xornadas no europeo de pista

As primeiras xornais de finais do Campionato de Europa e Paracanoe celebráronse na localidade polaca de Poznan os últimos dous días.

As finais celebradas no día de onte con participación española foron, en primeiro lugar, o K2 feminino sobre 1000 metros. As representantes da selección Laia Pèlachs e Begoña Lazkano acadaron a primeira medalla acadando unha prata nunha carreira liderada polas húngaras Csipes e Medveczky e diante das anfitrionas Klatt e Ostrowska. A final do K4 sobre 1000 m. tería como representantes españoles ao pontevedrés Iago Monteagudo, ao catalán Pol Busquets e aos asturiano Alberto Llera e Javier López; quenes finalizaron en quinta posición nunha regata liderada pola embarcación bielorrusa. Na final da canoa individual feminina sobre 500 metros, a sevillana Julia Espinosa finalizou en novena posición. Namentres, na mesma distancia, o C2 do pontevedrés Adrián Sieiro e o mallorquino Joan Moreno foron quintos nunha final na que as cinco primeiras posicións decidíronse en 0’76 sec. Tamén sobre 500 metros, o palista ribereño Kike Adán foi octavo en K1. Nas finais paracanoe disputadas o xoves, acadarían duas medallas máis para España. O primeiro foi o rianxeiro Adrián Mosquera, que acadou a segunda posición no VL3 sobre 200 metros, na misma final tamén participaría o sevillano Javi Reja, que foi noveno. Finalmente, a última presea española da xornada acadouna o euskera Higinio Rivero no VL2 200, tamén en segunda posición tralo portugués Norberto Mourao.

A primeira final de hoxe con representación española foi o K1 feminino sobre 1000 m., na que a zamorana Laura Pedruelo acadou a 4ª posición a 0’39 do podio. No kilómetro, o kayakista tudense Roi Rodríguez acadaría a octava posición. Na mesma posición finalizaría o C2 de Julia Espinosa e Ana Barea nos 500 metros. O K4 da selección conformado polo lucense Isaac Toro, o zamorano Carlos Garrote, o barcelonés Albert Martí e o asturiano Juan Oriyés foron cuartos a 0’33 do podio. Na canoa individual sobre 200 metros, Joan Moreno conseguiu a vitoria gañando aos C1 bielorruso e lituano. No K2 500, Kike Adán e o mallorquino Carlos Borrás quedáronse ás portas do podio. En paracanoe, o emeritense Juan Valle tamén se tivo que conformar coa cuarta posición no KL3 200. Inés Felipe foi octava no KL2 200 e Adrián Castaño foi séptimo no KL1 200.