Szeged 2011 – Seis piragüistas avanzan no proceso de clasificación olímpica
Hoxe foi a primeira xornada do Clasificatorio Europeo para os XXOO de Tokyo na cidade húngara de Szeged.
A primeira en competir sería a madrileña María Corbera, no C1 200. A ribereña non acadou a clasificación directa na eliminatoria, pero si o fixo tras gañar a súa semifinal. A seguinte categoría sería o K1 500 feminino, na que padexaría a ceutí Isa Contreras. Tras unha eliminatoria que foi liderando boa parte da carreira, foi adiantada pola alemana Jule Marie Hake, quen conseguiu o único acceso directo á final. Contreras rexistrou o terceiro mellor tempo das eliminatorias, e chegada a semifinal, acadou conseguir a praza para a final, gañando a súa proba rexistrando un tempo de 1:50.23. Menos sorte tivo o canoísta cangués David Barreiro, quen tras non acadar a final directa na súa eliminatoria; tampouco o conseguiría na semifinal, tras finalizar en cuarta posición nunha carreira que solo daba acceso ás tres primeiras embarcacións.
A última carreira da xornada sería a semifinal do C2 1000 metros, na que os sevillanos Cayetano García e Pablo Martínez serían os encargados de palexar pola plaza. Dende un primeiro momento, García e Martínez dominaron a carreira, finalizando en primeira posición con 9.74 de diferencia do segundo clasificándose á final que terá lugar mañá. Pechando a xornada estiveron a pontevedresa Carolina García e a xixonesa Sara Ouzande, que acadarían a súa clasificación á final tras gañar a súa semi de K2 500 rexistrando un tempo de 1:50.46.
Mañá pola mañá celebraranse as eliminatorias e semifinais paralímpicas e as finais individuais das categorías disputadas hoxe.
