Kayak Tudense e Ciudad de Pontevedra, líderes do Campionato Galego de Pista
Unha das pouquísimas competicións a realizar esta tempada tivo lugar este fin de semana en Verducido, co Campionato Galego de Pista. Competición na que o sábado terían lugar as categorías junior, e onte domingo, as categorías senior.
Tralas finais de Paracanoe, a primeira final en realizarse sería a do kayak masculino sobre 1000 metros, que tería como campión a Roi Rodríguez Huertas, do Kayak Tudense, seguido polos seus compañeiros de clube, Albert Martí Roura coa prata e Raimon Gastaldo Ariza, coa medalla de bronce.
A seguinte final sería a do C1 masculino, tamén sobre 1000 m., coa victoria do pontevedrés Adrián Sieiro, palista da Escola de Piragüismo Poio, que se impuxo por 01,46 segundos ante David Barreiro, do Breogán do Grove. O podio o pecharía Noel Domínguez, tamén do Breogán.
Tralas categorías masculinas sobre 1000 m. disputaríanse a finais do K1 feminino sobre 500., que tivo como campiona á palista Carolina García da Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra, que superou por 01,65 sec. a Lara Feijóo, do Kayak Tudense e 04,21 a Camila Morison, do Club Náutico Pontecesures.
A continuación tería lugar a disputa do campionato en C1 feminino sobre 500, que tivo como campiona á pontevedresa Antía Jácome, seguida da sua compañeira de clube, o Ciudad de Pontevedra, Antía Otero. A medalla de bronce sería para Raquel Dacosta, do Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro.
Despois das categorías individuais sobre 1000 e 500 metros, sería o turno das embarcacións dobres, nas que no K2 1000 m. a parella vencedoría sería para os palistas do Kayak Tudense, Roi Rodríguez e Albert Martí, rexistrando un tempo de 03:22,45. En segunda posición estiveron Miguel Fernández Castañón e Jose Julián Becerro do Fluvial O Barco, e a terceira sería para Carlos Pérez e Rodrigo Tiebo.
Nas categorías femininas dobres, no K2 500, a victoria sería para Tanía Fernández a Sara Ouzande, xixonesa recentemente nas filas do Kayak Tudense. Tamén do Tudense e en segunda posición, finalizaron Lara Feijóo e Carmen Villar. Namentres, en terceira posición e pechando as posicións de podio estiveron Carla Frieiro e Fátima Ordóñez do Club As Torres de Catoira.
No C2 500, Antía Otero e María de la Peña, do Ciudad de Pontevedra, serían as campionas, a medalla de prata sería para Antía Romero e Raquel Dacosta do Rías Baixas-Boiro e o bronce sería para Antía Jácome e Jenifer Casal.
As últimas horas da mañá serían para as embarcacións cuádruples. No K4 masculino sobre 500 metros, houbo un empate na primeira posición, por un lado estaría o equipo do Club de Mar Ría de Aldán, formado por Caride, Santos, Tiebo e Perucho e polo outro lado estaría a cuádrupla do Fluvial de Lugo formada por Álvarez, Docal, Ryfa e Dono. A terceira posición sería para os do Kayak Tudense: Delgado, Diéguez, Da Rocha e Gastaldo.
O C4 500 tivo como vencedor a Romero, Barreiro, Domínguez e Campos, do Breogán do Grove. Tras eles entraron en meta o equipo do Tudense formado por Sánchez, Edreira, Domínguez e Dasilva, seguidos do C4 de Sieiro, Pose, Novas e Montoto, do Piraguismo Poio.
As campionas no K4 feminino 500 serían Fernández, Piña, Valiña e Villar, do Kayak Tudense, a segunda posición sería para Busto, Frieiro, Ordóñez e Santiago das Torres de Catoira e pechando o podio estarían as palistas do Ría de Aldán: Moledo, Martínez, Rodríguez e Menduiña.
O C4 feminino sobre 500 metros tivo como vencedoras ás rapazas do Ciudad de Pontevedra: Jácome, De la Peña, Casal e Otero, 07,03 s. por diante do C4 de Ferreiros, Miguens, Romero e Dacosta, do Piragüismo Rías Baixas-Boiro, e 07,79 s. de Gondar, Carballa, Noya e Sieiro do Piragüismo Poio.

A tarde sería o turno das embarcacións individuais sobre 200 metros e as dobres mixtos sobre 500 metros.
No K1 masculino, Perucho (Ría de Aldán) demostraría a súa veteranía na velocidade gañando a carreira, a solo 00,18 segundos de Roi Rodríguez, do Kayak Tudense. O terceiro posto acadouno Gabriel Martínez, do Piragüismo Ribeiras do Tambre.
A victoria na canoa masculina sería para Adrián Sieiro, do Piragüismo Poio, seguido dos canoistas Pablo Graña, do Rodeira de Cangas e de David Barreiro, do Breogán do Grove.
O K1 feminino tería como vencedora a Sara Ouzande, do Kayak Tudense, tamén do Tudense sería a subcampiona, Lara Feijóo e, coa medalla de bronce, estaría Carolina García.
A canoa feminina estaría liderada por Antía Jácome, do Ciudad de Pontevedra, tras ela estaría a súa tocaia e compañeira de clube, Antía Otero, e a terceira posición sería para Raquel Dacosta, do Piragüismo Boiro.
A xornada pechábase co K2 e C2 mixto sobre 500 metros.
Os vencedores no K2 foron Tania Fernández e Aaron Diéguez, do Kayak Tudense, cun tempo de 01:46,26, tras eles estarían Mª Araceli Menduiña e Carlos Pérez do Ría de Aldán e Carmen Villar e David Da Rocha do Kayak Tudense.
Na final do C2 mixto foi necesaría a photo-finish, a victoria foi para María Pérez e Manuel Fontán do Club Náutico O Muiño de Ribadumia, a tan solo 00,02 sec dos irmáns Antía e Martín Jácome, do Ciudad de Pontevedra, quenes á súa vez, lle sacaron 4 centésimas de segundo aos irmáns Carla e Adrián Sieiro, do Piragüismo Poio.

A nivel de clubes, a metacategoría masculina foi liderada polo Club Kayak Tudense, seguido do Club Fluvial de Lugo e do CMDC Breogán do Grove.
Na metacategoría feminina o clube gañador foi a Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra, por diante do Kayak Tudense e do Club As Torres de Catoira.