Campionato do Mundo de Maratón - Xoves

Campionato do Mundo de Maratón – Xoves


A primeira categoría da xornada do xoves en Shaoxing 2019 sería ás 08:30 hora local (UTC+8), co K1 Junior feminina sobre 18,30 km., que tivo como participación española a conquense Celia Toledo, que acadou a medalla de bronce nunha carreira liderada polas húngaras Ezster Rendessy e Zsoka Csikos. Na mema carreira tamén participaría a guipuscoana Aiora Irazu, que finalizou en 20ª posición.
No C1 Junior, o canoísta madrileño León Villalba, que aguantou en terceira posición durante tódalas voltas, sufreu o adiantamento do chino Bowen Ji na última volta, obtendo a cuarta posición e quedando fora do podio, nun maratón que tivo como vencedor aos dous palistas húngaros. A mesma carreira tivo como competir nacional ao palista do E.P. Ciudad de Pontevedra, Pablo Crespo, que obtivo a 7ª posición.
No K1 Junior masculino, os asturianos Rubén Rodríguez e Abel García finalizaron en 7ª e 9ª posición, respectivamente.

Na categoría absoluta, este Mundial tivo como novidade a Short Race, unha categoría de tres voltas curtas, facendo un percorrido de 3,60 km, realizando dous porteos.
A primeira competición en realizarse nesta modalidade foi o C1 Senior feminino, onde participaron a zaragozana Estela Ruiz e a pontevedresa Raquel Rodríguez, que finalizaron en 12ª e 13ª posición, respectivamente.
A continuación, no K1 feminino, era o tempo de seguirlle a pista á meca Tania Álvarez e á zamorana Eva Barrios. A saída puxo a Barrios no grupo de cabeza de cinco padexeiras e a Álvarez liderando o grupo perseguidor. Mentres a carreira avanzaba, o grupo de cabeza foi perdendo á palista sudafricana Bridgitte Hartley e despois á húngara Zsofia Czellia-Voros. Nos últimos metros, as integrantes do podio estaban decididos, no sprint final, a húngara Vanda Kiszli impúxose sobre as súas rivais, proclamándose campiona, polo que a serbia Kristina Bedec foi prata e Eva Barrios finalizou en terceira posición ca medalla de bronce. O grupo perseguidor puxo a Tania Álvarez en novena posición. Non obstante, o Mundial de Álvarez non acaba aquí, xa que o domingo competirá no K2 xunto coa lucense, Tania Fernández.
No C1 masculino, tras unha forte saída que puxo ao boirense Diego Romero nas primeiras posicións, o seu compañeiro breoganista, o grovense Tono Campos, tivo que sufrir para poñerse no grupo de cabeza tras sair na parte exterior da línea de saída; o meco enseguida se puxo no grupo de cabeza no que se encontraban Romero, o C1 checo Brezina e os dous C1 polacos, Glazunow e Zuchora. A carreira continou encabezada polo mesmo número de palistas, ata que despois da última ciaboga, a parella galega deixou atrás ao resto do grupo e finalmente, Romero foi o vencedor a tan só un segundo por diante de Campos, unha parella con grandes promesas no C2 que realizarán o domingo.
O K1 masculino non tivo tanta sorte para o conbinado español. Tras unha forte saida que puxo ó vilaboés Antonio Palmas nas primeiras posicións, unha mala posición nas ciabogas o impediu manterse no grupo de cabeza. Pouco a pouco, Palmas foi perdendo posicións ata finalizar en 16ª posición. O outro palista da selección, o zamorano Emilio Merchán, finalizou en dúas posicións por detrás do vilaboés.

Así é todo, a selección española liderá o medalleiro na categoría absoluta, cun ouro, unha prata e un bronce, por diante de Hungría, que obtivo unha presea de ouro e outra de prata. Asemade, a selección francesa encóntrase na terceira posición, Ucrania en 4ª, Serbia en 5ª e a República Checa, Arxentina e China empatando na 6ª posición.