Campionato do Mundo de Maratón – Veteranos

A cidade chinesa de Shaoxing acolle o Campionato do Mundo de Piragüismo en Maratón, que comezou o luns coas competicións da categoría Master.

As participacións españolas comezaron co palista onuvense Antonio Cruzado, cuxa saída se realizou ás 09.00 h. hora chinesa. O de Huelva proclamouse subcampión do mundo na categoría de K1 70 – 74, que finalizou en segunda posición tralo portugués José Santos.
A seguinte participación española sería tamén no K1 na categoría master máis nova, nos 35 – 39; onde o pontés Carlos Pedreira acadou a terceira posición, dúas posicións por diante do ribereño Pablo Díaz.
No K1 50 – 54, o palista lucense Francisco Vázquez sumaría outra presea para a selección cunha plata acadada nunha carreira cuxa victoria sería para o australiano Brett Greenwood.
A categoría C1, en idades comprendidas entre os 35 – 54 anos, a selección faría un triplete, cun podio composto polo coruñés Jose Manuel Sánchez na primeira posición, Pedro Areal como subcampión e Julián Serrano coa medalla de bronce.
Ao mediodía, sería o turno do barquense Bernardo Sánchez, na categoría K1 45 – 49, carreira na que se proclamou subcampión do Mundo. Namentres, na categoría de idade inferior (40 – 45), o tamén barquense Jesús Rodríguez León tamén acadou a medalla de prata por detrás do palista irlandés Peter Egan.
A última participación española, sería a do castellonense Jorge Cinto, que se proclamaría campión do Mundo na categoría K1 50 – 54.