Campionato de España de Maratón
Este fin de semana tivo lugar en Pontevedra o Campionato de Piragüismo de Maratón, proba selectiva para o Cpto. do Mundo que se disputará en China en outubro; na que algúns palistas xa se habían clasificado a través do Europeo disputado en Decize (Francia) a finais de xullo. Esta edición tivo como novidade a realización de carreiras sobre 3.800 metros con porteos, competición que se inaurugou este ano entre as disciplinas do maratón internacional. As short races tiveron lugar o venres, mentres que as clásicas carreiras de maratón tiveron lugar o sábado e o domingo.
A mañá do sábado, a primeira proba absoluta foi o C1 feminino, carreira que foi liderada polas pontevedresas Jenifer Casal (E.P. Ciudad de Pontevedra) e Raquel Rodríguez, actual padexeira no C.P. Portonovo. A victoria foi para Jenifer, quen obtivo a primeira das prazas mundialistas, sendo Raquel segunda e acadando a outra praza.
A seguinte carrera en disputarse foi o K1 senior masculino, entre os que se encontraba Iván Alonso, quen xa adquiriu o pase ao mundial na cita francesa. Os principais rivais en acadar a praza restante foron o poiense e compañeiro de club, Jaime Sobrado e o riosellano Miguel Lloréns. A partir da metade da carreira, a cabeza de salida consistiu nunha batalla polo liderazgo entre os dous palistas, pero foi o final da volta pequena, cando Lloréns conseguiu sacar distancia sobre Sobrado, acadando a victoria e a praza mundialista.
A seguinte proba en realizarse foi o K1 feminino, regata na cal estaban dispoñibles duas prazas. A partir da primeira volta, o liderazgo da proba encontrábase entre a breoganista Tania Álvarez, a lucense palista do Kayak Tudense Tania Fernández, a banyolesa Aurora Figueiras e a zumaiarra Irati Osa. A victoria foi a parar para a grovense, quen se impuxo sobre a banyolesa cunha diferencia de 15 segundos, e ésta superou en 3 segundos a Irati Osa.
O C1 masculino tiña como principal candidato á victoria ao tudense Manu Garrido, quen non tivo a Tono Campos como rival xa que o meco acadou a praza mundialista tras ser o gañador do Campionato de Europa. Case toda a carreira, o tudense tivo como principal ao breoganista Diego Romero, con quen se batiu nas primeiras voltas, bastantes metros por diante do grupo perseguidor. Non obstante nos últimos kilómetros, Garrido tomou distancia sobre o palista do Breogán e remou solo ata a meta, proclamándose campion de España e obtendo a praza para China.
O domingo tiveron lugar as carreiras en embarcacións dobres. Os primeiros serían os K2 masculinos, categoria na cal o avilesino Miguel Fernández e o bañezano José Julian xa teñen a praza mundialista acadada tras ser medallistas de bronce en Decize, polo que non acudiron a cita estatal. O duelo principal nesta carreira sería a mesma que no K1, añadindo ao seu compañeiro de clube, Sobrado xunto con Iván Alonso e Lloréns xunto a Luis Pérez. Case tódalas voltas disputouse un liderazgo entre ambas embarcacións, ata que despois dun dos últimos porteos, o K2 galego sacou vantaxe sobre o asturiano. Tal foi así, que os perseguidores de Sobrado e Alonso foron os palistas do Club de Piragüismo de Aranjuez, quenes finalmente foron segundos trala victoria e praza mundialista do K2 de Jaime Sobrado e Iván Alonso.
A K2 feminino non contou co embarcación máis rápida na distancia, xa que Tania Álvarez e Tania Fernández, quenes acadaron a praza mundialista en Francia tras ser subcampionas de Europa, non participaron na proba. As outras competidoras no europeo, Amaia Osaba e Eva Barrios, non puideron competir xa que Eva disputará o Mundial de Pista que se celebrará en Hungría a próxima semana. O resultado da segunda praza española era incerta, ata que a victoria foi para a conquense Arancha Toledo e a zumaiarra Irati Osa, quenes acadaron a victoria trala retirada da banyolesa Figueras e a súa compañeira madrileña Lucia Arquero.
A derradeira proba, o C2 masculino, tiña entre os seus competidores á parella breoganista Campos e Romero, quenes xa acadaron a praza para a cita china en Decize, o resultado da seguinte praza era incerta. Tras un liderazgo durante as primeiras voltas de José Luis Bouza e Jose Manuel Sánchez, do Kayak Tudense, a parella breoganista e a parella do pontevedrés Óscar Graña e o tudense Pedro Areal, foron recuperando terreo ata superar á dupla Bouza-Sánchez. A victoria finalmente foi para o C2 do Breogán, seguidos da embarcación de Graña e Areal, quenes adquiriron a praza para a cita en Shaoxing.
Nos próximos días, os candidatos terán que decidir a que categoría renunciar no caso de que hayan acadado a praza nas tres; tanto Tono Campos como Tania Álvarez a teñen na categoria individual Short Race, e na individual e na doble no maratón clásico. En outra instancia, existen casos como o de Óscar Graña, quen se encontra nunha etapa de ascenso no corpo policial, polo que ten que afrontar a súa posible asistencia ao campionato do Mundo.

