España finaliza a Copa do Mundo de Szeged con 7 medallas
Este fin de semana, tivo lugar a II Copa do Mundo de Pista na localidade húngara de Szeged. Vintetrés piragüistas da selección española, entre as cales nove pertencía ás filas galegas, desprazáronse a Hungría a disputar esta Copa. Mentres que o xoves e o venres terían lugar as eliminatorias e semifinais, o sábado e o domingo terían lugar as finais.
A primeira medalla, viría da man do vigués Roi Rodríguez, no K1 1000 m. quen compartiría a súa final co campión olímpico Marcus Cooper, e mentres que Roi acadaba a medalla de bronce nunha carreira na que vencería o húngaro Balin Kopasz; mentres tanto, Marcus finalizaría na novena posición. A seguinte medalla veu da dupla do K2 1000 m. do talaverano Paco Cubelos e o guipuzcoano Íñigo Peña, quenes foron remontando ao longo de todo o kilómetro ata quedar en primeira posición, acadando o único ouro para a selección. Mentres que no K2 500 do tomiñés Óscar Carrera e o cangués Rodrigo Germade, tras ir en segunda posición case toda a carreira detrás da parella líder, a alemana de Haseleu e Zaremba, remataron en cuarta posición, mentres o K2 alemán descendeu á terceira posición nuns 500 metros no que venceu a parella eslovaca. O C2 defendido por Adrián Sieiro e Sergio Vallejo, nos 1000 m. finalizaría en quinta posición nunha regata liderada pola parella polaca de Slominski e Kaminski.
O domingo sería o turno de acadar as outras cinco medallas. Mentres que a kayakista asturiana Sara Ouzande remataba en séptima posición en K1 200, nunha carreira na que venceu a húngara Dóra Lucz, o kayakista Roi Rodríguez repetía medalla, esta vez cunha de prata, no K1 500 m., por detrás do palista checho Josef Dostál. Na final do K1 200 habería dous palistas da selección, o zamorano Carlos Garrote e o brigantino Carlos Arévalo, e mentres Garrote acadaba a medalla de bronce, Arévalo acababa na quinta posición tras haber remado a final B do K4 500 con Carrera, Oriyés e Peña, tan sólo unha hora antes do K1. A final do C2 500, volvería a ser defendida polos pontevedreses Sieiro e Vallejo, acadando neste caso a medalla de bronce, nunha carreira liderada polo C2 húngaro. As últimas dúas medallas virían da man dos K4, mentres o K4 500 formado por Sara Ouzande, Isa Contreras, Begoña Lazkano e Alicia Heredia conseguían a terceira posición na final de 500 metros liderados polo K4 neozelandes de Carrington, Imrie, Fisher e Ryan; na mesma distancia, o K4 de Carlos Garrote, Isaac Toro, Marcus Cooper e Rodrigo Germade acadaría a segunda posición tralo K4 alemán.
Finalizando con 7 medallas (un ouro, duas pratas e catro bronces) a selección española foi décima no medalleiro, un medallero no que gañaría Hungría, por diante das seleccións rusa e ucraniana.