O Kayak Tudense vence na casa no L Descenso do Miño de Tui

Esta tarde do 23 de agosto celebrouse o 50º Descenso do Miño de Tui.

IMG_6869

Ás 18:30 daría a saída a tódalas categorías na praia fluvial de Salvaterra do Miño, saíndo os kayaks masculinos na beira galega e os canoístas e os kayak dama na beira portuguesa. Os participantes deberían descender o río ata as inmediacións das instalacións do Club Kayak Tudense.

IMG_6879Os primeiros en chegar á meta serían os primeiros K2 senior, onde os dous K2 do Kayak Tudense: o de Diego Piña e Roi Rguez. Huertas e o de Rubén Millán e Óscar Carrera chegaron á meta no mesmo tempo, sendo asignados vencedores os primeiros, facendo un tempo de o:57:34. En pouco máis de un minuto chegarían a meta os terceiros, que foi a parella de Vilaboa de Marco Cadenas e Antonio Palmas. Os K1 senior serían os seguintes en chegar á meta, no que a victoria foi para o local Iván Alonso, quen dentro dun mes disputará o Campionato do Mundo de Maratón en Oklahoma. A segunda posición foi para o tamén tudense, Gabriel Hernández e o bronce foi para Breogán Monteagudo do Club Naval de Pontevedra. No C2 senior, a primeira posición foi para a parella do Breogán do Grove de Tono Campos e Diego Romero, seguidos de Óscar Graña e Daniel Costa do IMG_6886Kayak Tudense e Brais Casas e David Costa, tamén do tudense. Na canoa individual a victoria foi para o local Manuel Garrido, prata para Adrián Sieiro do Club Escola de Piragüismo Poio e bronce para o portugués Felipe Manuel Dias. No K2 feminino a victoria foi para as tudenses Carla Pérez e Ana Varela, detras delas, a parella do Ría de Aldán de Jessica Moledo e Mª Araceli Menduiña, mentres que a terceira posición foi para as tudenses Leticia Piña e Patricia Dguez. Aristegui. No K1 Senior feminino, a vencedora foi Amaia Osaba do Club Piragüismo Pamplona, seguida de Natividad Busto das Torres de Catoira e de Noelia Moledo do Ría de Aldán. A última clasificación en categoría absoluta, o C1 Senior feminino tivo como vencedoras ás canoístas co Ciudad de Pontevedra, Raquel Rodríguez e Jenifer Casal, primeira e segunda respectivamente.

A nivel de clubes, os vencedores serían os locales, o Kayak Tudense, en segunda posición estaría o Club de Mar Ría de Aldán, que así mesmo serían os vencedores no descenso de veteranos, e a terceira posición sería para a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra.